29 abr 2013

Poesía "As froitas".

Pizarra dixital

Escribimos na pizarra dixital nomes de alimentos .


Primavera 2013

 
-Primavera, quen te espera?

 - O verán, meu irmán.
   anda sempre co seu dono
   o señor, señor outono.

 -E o trouleiro do inverno?
-que se vaia para o inferno!



Día do libro 23 de abril.

   O pasado 23 de abril  co gallo do día do libro os ne@s viñeron disfrazados de persoaxes de contos.
 Saray e Adrián dous alumnos de sexto viñeron a clase  de cinco anos para contarlles aos nen@s o conto "O coelliño branco".Eles tamén foron  os encargados de darlle un diploma ao nen@ mellor disfrazado, nesta ocasión foi  para Mario co disfraz " O frautista de Hamelín".



 

Inauguración da biblioteca

  Xa asistimos á inauguración da biblioteca . A profe " Bibiana" contounos o conto "A que sabe a lúa ? onde probamos un anaquiño de lúa que nos soubo a chocolate, caramelo, fresa, galleta ,etc....
Tamén contounos o conto " Unha chea de bicos" onde comimos beizos de  gominola.


















Actividade de aprendizaxe cooperativa : " Folio xiratorio".


 Aproveitando o tema dos alimentos realizamos unha actividade chamada "folio xiratorio".
Cada nen@ tiña un folio dividido en tres partes ( A,B,C). Na parte "A" tiñan que escribir individualmente nomes de alimentos que coñeceran, na parte "B"tiñan que escribir nomes que escribiron os compañeiros de grupo e que eles no escribiran na parte" A" . Para rematar a actividade na parte "C " fixemos unha posta en común na que escribiron os alimentos que tiña o outro equipo e non escribiron eles, chegando á conclusión de que entre todo o grupo -clase sempre se aporta máis que un  individualmente.


8 abr 2013

Ordeamos frases

   Agora que xa comezamos a ler estamos ordeando frases para colocar as palabras correctamente no seu sitio.




Proxectos "Os alimentos".


7 abr 2013

O espazo

   Estes son algúns  dos libros de consulta e contos que tiveron os nen@s no recuncho do material sobre "proxecto do espazo"

Mural " A cidade"

  Para rematar o proxecto de "Pobos e cidades" entre toda a clase  os nen@s  fixeron un mural no que non faltan parques, estacións de trens, estacións de autobuses, cines, policias, peóns, semáforos, estradas, pasos de peóns,etc...