30 may 2012

17 may 2012

Plantando herba de San Xoan

    A asociación  cultural "Andarela" de Sanxenxo visitaronnos esta semana para plantar  herba de San Xoán no patio do colexio.


15 may 2012

Letras Galega 2012



13 may 2012

11 may 2012

Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

    Xa que o homenaxeado  deste ano 2012 no día das Letras Galegas   é Valentín Paz Andrade,  un home moi vinculado co mundo da pesca pensamos facer estes peixes para ambientar un pouquiño o colexio.  Unha vez máis as profes de infantil pedimos a colaboración das familias para decorar un peixiño cos nenos/as do cole . Mirade que bonitos quedaron. Graciñas a tódolos pais.







8 may 2012

Letras Galegas 2012

   Este ano o día das letras galegas está  adicado a Valentín Paz Andrade, deixovos un telexornal feito polos alumnos/as do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e obra  do homenaxeado.

6 may 2012

Visita da profe Susana

  Que sorpresa máis grande, o luns estabamos traballando cando de repente chamaron á porta e o que ninguén sabía é  que era a profe Susana que veu  visitar os seus alumnos do ano pasado.Quedaron abraiados ,algúns tiñan ata vergonza pero a alegría que tiñan notábase nas súas caras.O final todos marcharon contentísimos  co seu ovo de chocolate (un agasallo que lles trouxo a profe Susana ).Graciñas Susana pola visita e esperamos  volver a verte pronto.Un bico moi forte de todos/as.


A primavera

   A nosa clase vestíuse de primavera, fixemos flores, picámolas, pintámolas con témpera , coloreamos bolboretas, xoaniñas, paxaros, etc... e con todo isto  montamos un bonito mural da primavera .



                         

Os nosos amigos, os bosques

    Esta semana tivemos unha actividade titulada " Os nosos amigos, os bosques" relizada polo equipo de animación sociocultural do concello .Tendo como obxectivo dar a coñecer a importancia dos bosques e a relación que os seres humanos temos con eles, fomentando a  importancia sobre o coidado da natureza.

Casas diferentes

  Os alumn@s de 5º de primaria fixeron na clase de plástica coa profe Ana ( in english) un traballo   moi orixinal ,  maquetas de  casas feitas  con materiais de reciclaxe  . A verdade é que os traballos quedáronlles moi logrados.