30 mar 2011

Visita do ilustrador Abraham Carreiro.

A semana pasada visitounos o ilustrador de contos " Abraham Carreiro", para ensinarnos como se fan os debuxos que aparecen en algúns dos contos que ilustra.

   

   

29 mar 2011

Enredos no patio

Coa chegada da primavera o mestre de inglés dounos a clase no patio.
Mirade que ben o pasamos xogando aos enredos.

  

24 mar 2011

As abellas

    Que sabemos das abellas ?
Esta foi a pregunta coa que comezamos o noso proxectos e as respostas foron do máis variadas.
- Carmen: teñen raias.
- José Enrique: as abellas voan.
- Marta Piñeiro: son amarelas e negras e teñen patas.
- Coral: pican á xente.
- Nicolás: teñen la e fan beeeeee.
- Aldara: pican.
- Lorena:van polas flores e pican.
- Tania:voan.
-  Iker: teñen raias.
- Marta G : teñen mel.
- Ainhoa: viven nun niño.
-Alex: van a recoller néctar.



E como xa aprendimos moitos sobre as abellas  o vindeiro  xoves día 31 imos de excursión a "Apipolis" para ver todo o mundo das abellas en vivo e en directo.

9 mar 2011

O entroido .

Xa que este ano é o ano internacional dos bosque, aproveitamos a festa do entroido  para disfrazarnos  deste tema.
Tanto as  bolboretas laretas , as xoaniñas  e as abellas de cores convertíronse en vagalumes do bosque .
Pasámolo xenial e estaban todos guapisimos.
Despois do desfile tocou repoñer forzas cos doces típicos que trouxeron  os  nenos/as da casa ,estaba todo boísimo. Aproveito tamén para dar as gracias a tódalas  familias que axudaron a facer os disfraces .
A experiencia foi moi positiva .
Non esquezades que o xoves pola tarde as nenas e nenos poden vir disfrazados de casa  para xa rematar estes días de troula.

  

3 mar 2011

Doctor Nicolás ten unha paciente na clase de 5 anos.

E non porque estemos no entroido disfrazámonos, xa que durante todo o ano temos o baúl cos nosos disfraces. É unha das cousas que máis lles gusta facer.

  

Hoxe tocoulle ser o doctor a Nicolás, outro día é pirata, policia ou papá. Estivo no seu papel aínda que a enferma, Tania, tampouco estivo nada mal.
Mentres Aldara detrás agarda o turno co seu fillo para peitearse no salón de peiteado.

2 mar 2011

Mércores" zapatos diferentes"

Xa queda menos para chegar ao venres e nótase certo nerviosismo no ambiente do colexio. Risas e diversión coas cousas que traemos día a día mandados polo "Mandadiño".
Non esquezades mañá xoves levar unha prenda rechamante.

  

1 mar 2011

E hoxe que toca ?

  E  recorda , recorda , o entroido está á porta .
Comezamos a semana grande do entroido 2011.
Cada día levaremos á escola algo diferente en distintas partes do  noso corpo.
Luns: algo na testa.
Martes: algo no pescozo.
Mércores:un zapato diferente en cada pé.
Xoves: unha prenda rechamante.