21 ene 2011

Os mércores "Obradoiros".

  

  

Neste 2º trimestre comezamos cos obradoiros.Tódolos mércores  traballaremos nos obradoiros de cociña , danzas , barro e horta.
Pasámolo moi ben, fixemos figuriñas de barro, cociñamos  biscoitos de chocolate , preparamos a  terra   para sementar e danzamos ó ritmo do bugui-bugui,dos esqueletos e aprendimos a danza do " Cu, cu, cucuchi".

Impresionantes " pop up".

 Hoxe venres tivemos un obradoiro moi interesante  " o arte do pop up", como facer imaxenes tridimensionais  con papel.Os nen@s de infantil fixemos unha tarxeta con unha xoaniña . Quedounos preciosa.Graciñas a Fabián por ensinanos o arte dos "pop up".

  

  

20 ene 2011

O espazo

  Xa despegamos rumbo o espazo . O primeiro que fixemos foi contar o que cada neno/a sabía . Aquí deixovos a conversa que tivemos , que non ten desperdizo.
      Profe: Que   cousas hai no espazo?
- Iker : hai meteoritos.
- Lorena: hai extraterrestres.
- Aldara: está a lúa.
- Ainhoa : No ceo hai estrelas.
- José Enrique: hai moitos planetas , son azuis,verdes, marróns....
-Lorena: os planetas son mundos.
- Iker: hai dúas luas.
- José Enrique: unha cortada pola metade e outra redonda.
-Tania: e quen a corta?
- Aldara:  cortana os raios do sol.Tamén hai naves negras.
- Marta G : para ir á lúa temos que ir en naves.
- Ainhoa: no ceo hai sol e vento.
- Lorena: tamén hai unha nube.
- Aldara: unha non , máis ca unha.
- Carmen : as nubes fan chuvia.
- Tania: os fogos artificiais chegan ó ceo.
- Marta P: o sol dá calor .
- Aldara: para subir ó ceo temos que levar salvavidas e cascos de aire para respirar.
- Iker : os papaventos suben ó ceo.
-Aldara: os globos tamén.
-José Enrique: nos planetas viven extraterrestres e son bólas redondas.
- Nicolás : tamén hai astronautas.
        Xa vedes  todo o que sabian do espazo .

  

  

13 ene 2011

Ordeando frases.

Xa comezamos a ler palabras e a ordear frases sinxelas.

  

  

11 ene 2011

Cargadiños de xoguetes

- Quen foi ? :  Melchor , Gaspar ou Baltasar .
Non sabemos , o que si sabemos é que foron moi xenerosos cos nen@s do Ceip Noalla - Telleiro.
Trouxeron de todo: bakugan,bly - bly,  contos, batman ,bonecas ,  casiñas,etc...

  

Festival 2010

     Este ano os nen@s de Educación Infantil representaron un conto tradicional " Branca de neves".
Que ben o fixeron tod@s .Para o ano que vén preparade as maletas que marchamos de xira.