28 jun 2011

Benvida

Benvida as novas abellas de cores para o vindeiro curso 2011/2012.
As bolboretas laretas este curso serán abellas de cores ás que desexamos un bo verán e vémonos o 12 de setembro.

17 jun 2011

16 jun 2011

Visita ao xardín botánico de Lourizán.

  Aínda que o tempo non acompañou moito, onte fomos o xardín botánico de Lourizán , a verdade e que o sitio é precioso.Hai unha  gran variedade  de plantas e árbores,  ademais de moitas fontes con fervenzas ,pero o que máis lles gustou de todo foi unha cova moi escura pola que  puideron pasa.
Deixovos unhas fotos dos nen@s no palacio de Lourizán.

   

12 jun 2011

Peixes raros

  Falando dos peixes chegamos a conclusión de que todos non son iguais Así investigando en internet encontramos peixes raros,raros pero que moi raros,coma: peixe espada , peixe trompeta, peixe morcego, peixe esquio  ,peixe profesor. peixe paiaso....... e moitos máis que  nos fixeron moita gracia .



 

 

O peixe de Marta P e a tartaruga de Alex

  O venres trouxéronnos Marta Piñeiro e Alex outros animais a clase.
Como xa sabíamos moitas cousas das tartarugas , estudamos os peixes, viven na auga , poden ser peixes de auga doce ou salgada , teñen aletas , o seu corpo está cuberto de escamas e nacen do ovo.
 

9 jun 2011

O coello de Iker e o Hamster de Aldara

   Hoxe tivemos outra visita de dous animais o coello de Iker e o Hamster de Aldara .
Investigamos sobre eles e aprendimos que son mamíferos , teñen pelo , e  catro patas.
O coello come pan e cenorias e o hamster come pipas.
 

A tartaruga de Nicolás

 Onte Nicolás trouxo ao cole a súa tartaruga , contounos que come leituga , que súa nai ás veces metena no pilón da casa.Aprendimos que ten unha cuncha moi dura , que nace do ovo e que é un reptil.

 

8 jun 2011

A colección de insectos de José Enrique


 Esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre os insectos  .O máis importante de todo e que para que sexa un insecto ten que ter seis patas.Aprendimos moitos nomes de insectos e puidemos observalos de cerca gracias a colección que trouxo José Enrique.


   

1 jun 2011

Aniversario de Aldara e Carmen

  Onte festexamos os aniversarios dos nenos que naceron no mes de Maio "Aldara e Carmen".

Clasificamos traballos

 Onte as abellas de cores axudaron á profe a clasificar os traballos que fixeron durante todo o curso dos contos que leron na casa coas súas familias.

Libro viaxeiro "Os meses do ano"

   Durante estes tres aniños aprendimos moitos refráns sobre os meses do ano . Aquí  deixovos o libro viaxeiro que fixemos este ano e que os nen@s levaran polas  vosas casas.