29 sept 2010

Facemos agasallos

   

Estivemos de aniversarios e decoramos unhas tartas para dárllas de agasallo aos nenos e nenas que estaban de celebración e quedaron asi:

   

23 sept 2010

Ano xacobeo 2010



Neste ano xacobeo 2010 no colexio de Noalla traballamos o camiño portugués,cada curso tivo unha etapa,os nen@s da clase de 5 anos traballamos a etapa de Oporto "A cidade das pontes",do viño Oporto e onde filmaron esceas da pelicula de Harry Potter ,a libraría "Lello" considerada unha das máis bellas de Europa.

21 sept 2010

A nosa primeira saída

    

O pasado mércores día, 15 de setembro as abellas de cores estivemos facendo unha visita ás escavacións da Lanzada.
Alí poidemos ver restos de civilizacións castrexas e romanas.

8 sept 2010

Benvida

Comezamos un novo curso con moita ilusión e ganas de aprender cousas novas.
A través deste blog informarémosvos das diferentes actividades que realizaremos ao longo do curso.

Benvid@s tod@s.